Para disfrutar do ceo, obra do Creador, poñemos Stellarium.

stellariumstellarium_planetsstellarium2Despois do paréntese de Nadal esta semana recomenzamos as clases e o curso de formación no proxecto ABALAR. Tocoume expoñer tres aplicacións das que, para os propósitos deste blog, a más bonita que quero compartir convosco é a do programa Stellarium. Funciona como un planetario. É capaz de mostrar un ceo realista en 3D, tal como se apreciaría na primeira ollada, con binoculares ou telescopio.
Podedes descargalo (de balde) na seguinte ligazón

http://stellarium.org/es

Cando xa o teñades, o primeiro que hai que facer é escoller a situación xeográfica correcta na que nos atopamos e as datas e horas actuais  ¡e a disfrutar! Tamén podemos, desde logo, non facer iso e ver o ceo desde calquera cidade do planeta e en calquera data.

A situación por defecto é París. Podemos clickear a nosa situación no mapa que hai na ventana de configuración, ou introducir as coordenadas manualmente.

Non debemos esquecer gardar os cambios, para iso clickeamos Seleccionar como predeterminada (Set as default). Desde agora, veremos o ceo como se ve no lugar onde o puxemos cada vez que arranquemos Stellarium. Se movemos o ordenador a un lugar moi distinto necesitaremos reaxustar a situación.

  1. Mirar arredor: Usando o rato ou as flechas do teclado.
  2. Zoom: Usamos as teclas de Av. Pág e Re. Pág. para realizar as operacións de zoom dentro o zoom fóra. (Ou coa rodiña do rato)
  3. Seleccionando obxectos: Usamos o botón ezquerdo do rato para seleccionar un obxeto, o botón dereito para deseleccionalo, e o botón central ou a barra espaciadora para centrar o obxeto seleccionado.
  4. Controlando o tempo: A tecla J reduce a velocidade do tempo, a tecla L  aumenta a velocidade, e a tecla K fai que o tempo vaia á velocidade real. Tamén podemos usar os botóns de control de tempo situados na parte inferior ezquerda da pantalla.
  5. Menú de axuda: Presionamos a tecla H ou co rato na barra de  ferramentas.OTRAS COSAS DE TIC:
  1. Parapensar…sobre las nuevas tecnologías aplicadas a la Clase de Religión de Abad Barrilero, Mª Dolores: un extraordinario trabajo que sigue teniendo vigencia hoy en día.
  2. http://www.abueloinformatico.es/  Aquí hay mucha ayuda para nuestras dificultades informáticas.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s