Letras Galegas e Sínodo: o Espírito indica o camiño.

¡Canto tempo desde a última entradiña! En realidade, deberían chamarlle “saída” pero, en fin, a linguaxe blogueira é así. Non é esquecemento nin preguiza pero outras obrigas me tiveron ocupada. E hoxe, que é o Día do noso idioma, cómpre facerlle unha lembranza ¡en galego! a esta etapa sinodal na que nos atopamos. Así que recollo as verbas do Sr. Director de Medios de Comunicación da nosa Arquidiocese cando en novembro de 2012 dicía:

Os cristiáns destes tempos  fa­cémonos  moitas  preguntas. Detectamos  certos síntomas de alar­ma na sociedade,  como a  crise   ou  o derrubamento  dalgúns    valores que pensabamos  estables. Por iso, un dos puntos de  partida  do  Sínodo  Dioce­sano haberá  de  estar na identidade: Deus  non nos abandonou;   a súa Pa­labra  segue  guiando  os nosos pasos; os seus mandatos   volven mellores  aos homes.    A Diocese  de Santiago  non pode  esquecer  que  a súa personalida­de se enraíza  no Apóstolo.

O Sínodo  pon  en  marcha  o diálogo  eclesial.   “Cando  dous ou  máis están reunidos no  meu  nome…   (Mt 18, 20)”. É a  hora  de discernir con claridade   a esencia e como  presentala do  mellor  xeito  á sociedade,  sabendo que  se trata dun grande  ben.  Da man da Igrexa,  fieis  á súa maternidade,  os traballos  do Sínodo  analizarán   a situa­ción  actual  e buscarán novos  camiños para  a revitalización   espiritual   en tem­pos de crise.

Nun   primeiro momento  so­mos  convidados  á  oración.   E tal  vez a pensar en positivo. Porque as nosas emocións  e análises negativas  poden deixar  ocultas as novas  formas  de vida eclesiais  coas  que  o Espírito quere indicarnos o  camiño. O Sínodo  debe detectar  ese tipo de  sinais, para que a diocese cobre  novos azos,  sen sufo­carse  cos  resultados a curto prazo.

En   definitiva: quen  somos; que queremos;  onde   imos;  por  que camiños    transitar;   luces e som­ bras; como  reconstruír e presentar a imaxe  de  Cristo que nos acompaña. Un  Sínodo   Diocesano  non pretende “inventar  a  pólvora”.  Se  acaso, se inspira nese momento de  faladoiro que sucedeu camiño de  Emaús. Os discípulos  descobren  que  Xesús re­sucitou e  que seguirá con eles.  Aí prendeu a súa audacia.

Manuel  Blanco
Director  de Comunicación

Fuente: Barca de Santiago, nº 9 (noviembre.diciembre 2012)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s